Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet O Recuncho
O Recuncho

Sobre O Recuncho:

  • Não sou nada. Nunca serei nada. Não posso querer ser nada. À parte isso, tenho em mim todos os sonhos do mundo.

Sobre min:

  • arduina@orecuncho.com
    Gustame: Gwendal, Ortigueira, o cocido, a cervexa Guinness, Irlanda, Galicia, Kukuxumusu, os videoxogos, os comics.

De viaxe:


Arquivos:

Meta:

    blogalego - buscando nos blogs en galego!
    Parcelaria Virtual pola Cultura Galega

Venres,9 Decembro, 2011 by arduina

Levo pensando dende hai un tempo que xa non tenho nada que contar por aqui. A minha nova vida tenme bastante ocupada e cando tenho algo de tempo non o quero empregar escribindo todavia mais.
Non queria pechar o blog, porque leva aberto dende o 2004, que son 7 anos! Dame moita magoa, pero este recuncho xa e moi alleo. Decatome de que hai meses que non actualizo! Non sei se e preguiza ou que, non sei. Vou agardar un par de meses, que me dea tempo a ir a Corunha e a desconectar un pouco da universidade. Se cadra atoparei algo de tempo no nadal para facer deste recuncho algo mais ou menos entretido outra vez.

Escrito en Cousas inclasificables | 1 valente »

Rosalia

Venres,18 Marzo, 2011 by arduina

Estranxeira na súa patria

Na xa vella baranda
entapizada de hedras e de lirios
foise sentar calada e tristemente
frente do tempro antigo.

Interminable precesión de mortos,
uns en corpo nomáis, outros no esprito,
veu pouco a pouco a aparecer na altura
do direito camiño,
que monótono e branco relumbraba,
tal como un lenzo nun herbal tendido.

Contempróu cál pasaban e pasaban
collendo hacia o infinito,
sin que ó fixaren nela
os ollos apagados e afundidos
deran siñal nin moestra
de habela nalgún tempo conocido.

I uns eran seus amantes noutros días,
deudos eran os máis i outros amigos,
compañeiros da infancia,
sirventes e veciños.

Mais pasando e pasando diante dela,
fono os mortos aqueles prosiguindo
a indiferente marcha
camiño do infinito,
mentras cerraba a noite silenciosa
os seus loitos tristísimos
en torno da estranxeira na súa patria,
que, sin lar nin arrimo,
sentada na baranda contempraba
cál brilaban os lumes fuxitivos.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Domingo,6 Marzo, 2011 by arduina

Non escribo nada, teño tanto que facer que cando remata o dia penso que non houbo novas. Pero houbo!
En Xaneiro fixo dous anos que vivo en Edimburgo.
Tamen fun ver por vez primeira a Alasdair Fraser en concerto! Coa Banda das Crechas! Foi algo incrible! Tenho visto a Gwendal, Jethro Tull, Eric Rigler, Kila, La Frontera… Nada do que sentin enton achegase á emocion que sentin cando vin a Alasdair Fraser diante de min. Escoitar a sua voz que tantas veces escoitara nos discos que teño, o seu violin que me daba forzas cando eu só era unha persoa triste na Coruña. De supeto ali estaba eu en Glasgow vendo ó home que me dera tanta forza.
Logo tocou a Banda das Crechas, que me encantou. Gustoume moitisimo, e sentinme tan perto de casa! Os pobriños intentaban facer que a xente se movese, e eu berrei un par de veces como se fai nunha maldita foliada e a xente do meu redor case me mata co ollar. Tamen berrei “outra!” pero vin a miña morte tan perto que tiven que calar :(
No descanso vin a Alasdair Fraser no bar, e a xente falando con el e el todo ledo falando coa xente (ós musicos escoceses, ós de verdade, encantalles falar co publico). E eu quedei sentadiña, completamente paralizada, non me podia mover!! Estaba moi emocionada por todo, por ter marchado da Coruña, por escoitar ese violin que tantas lembranzas traia, pola musica galega tan perto e tan lonxe, por ese Glasgow que xa non era alleo.. É dificil de explicar, pero cando levas fóra da túa terra tanto tempo estas afeito a outro tipo de vida que tamen é a tua, e de supeto veñen todas esas lembranzas e sensacions. En fin, que foi moi bonito, e ó remate quixen ir saudar pero tiña que coller o tren de volta a Edimburgo e era o último do dia, asi que marchei a fume de carozo.

E aqui de volta na capital reuninme co meu novo mozo. Agora saio cun escocés. Xa sei que non aprendo e todo iso, pero que lle vou facer. A cousa comezou moi lixeira, a min tanto me tiña. Agora xa levamos case dous meses saindo xuntos. Non é o mesmo, nunca sera o mesmo que en todas as miñas anteriores relacions porque paso de todo, e se teño que ser sincera conmigo mesma, ó final do dia só busco alguén que me faga compaña. Vainos ben e ainda que me alporiza de cando en vez xuro que nunca foi tan doado estar nunha relacion. A distancia faime ver todo con perspectiva, e ainda que boto en falta a Petter a nosa non era unha relacion sana. Se cadra só me van as cousas destructivas, que sei eu.
O caso é que durmo quentiña e contenta. Jim faime rir, imos xuntos a sesions de musica tradicional e el mesmo é musico. Gustanos a boa cervexa, pero el é mais de falar e eu mais de facer.
Que si, que as vou buscando!

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Venres,7 Xaneiro, 2011 by arduina

Coido que en toda a minha vida nunca botei tanto a faltar o meu violin como agora. So quero tocar, dame igual se é ben ou mal, con partitura ou sen ela. Estou ata pensando en ir a casa unha fin de semana para traelo comigo.

Escrito en Cousas inclasificables | 1 valente »

Domingo,2 Xaneiro, 2011 by arduina


Son as 7 da manha e ainda estou en pe. Desastre total. Sintome moi revolucionaria ultimamente, quero arranxar moitas cousas. Fatanme o tempo e os cartos, pero vou seguir dando a lata todo o que poida. Aborrezo o conformismo.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Venres,3 Decembro, 2010 by arduina

Hoxe recibin un correo da universidade. Como parte do meu degree, no meu terceiro ano teño que estudiar fóra un semestre. Peeero como a miña primeira lingua de estudio é o inglés, podo quedar en Escocia e facer o de sempre. O meu principal problema con isto é o que estou estudiando (Languages and Intercultural Communication) e o meu idioma principal. Os estudiantes de Languages, poden elixir entre o español, italiano, frances, aleman e ingles. O meu caso é algo especial, porque eu queria facer frances e aleman, pero como non teño o IELTS feito e queria empezar esas linguas dende nivel 1 (o mais basico) non puiden. Unha delas tiña que ser o ingles, o que por unha banda é bó (non estudio nada) pero por outra non é tan bó, porque non estou aprendendo o aleman. En fin. Asi que a meirande parte dos meus compañeiros van a Francia ou Belxica, a España, Italia… etc. Porque somos só tres persoas as que temos o ingles como idioma principal, asi que podemos ou ben quedar en Escocia, ou ben marchar a unha universidade que dea cursos en ingles.
Despois esta o tema da Intercultural Communication, ninguen sabe onde meternos. Formamos parte da Business School, pero a comunicacion intercultural é unha mestura moi interesante de antropoloxia, socioloxia e psicoloxia. Para facer disto algo util, damos tamen moito management e por suposto tamen estudiamos algo asi como administracion e direccion de empresas, e comercio internacional. Non sei se estou enredando moito a cousa, con isto quero dicir que non nos poden mandar a unha universidade de management puro porque non estudiamos iso, ou non nos poden mandar a estudiar economia porque nós estamos estudiando a interculturalidade.
Falaba de todo isto coa oficina internacional da miña facultade, porque somos uns 7 estudiantes de comunicacion intercultural e teñen que investigar a ver que poden facer. Recomendaronme botarlles unha ollada ás asignaturas ou modulos que ofrecen na universidade de Cracovia, en Suecia e en Amsterdam. O problema era que collendo modulos relacionados co que eu facia, como non son modulos principais, para poder sumar todos os creditos tiña que escoller 8 ou 9 diferentes! para estudiar en 3 meses! unha tolemia. Ou iso ou asignaturas aburridas de economia e xestion. Investigando un pouco descubrin que na HvA de Amsterdam ofrecian un cursiño cos creditos que eu precisaba chamado Cross-cultural business skills. Era perfecto!! E ademais interesantisimo. Peeero, só ofrecen 10 prazas.

Como dicia, hoxe recibin un correo da miña universidade confirmando que tiña praza na HvA para facer este cursiño :D !!!!!!!! Asi que agora teño que facer o meu segundo semestre, o primeiro semestre do terceiro ano, e para primavera do 2012 estarei en Amsterdam de Erasmus!
Estou leda. Penso que é unha oportunidade xenial, e como xa son algo vella o Erasmus vai ser unha experiencia de estudio e investigacion, non de festa. Ainda non o podo crer!!

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Mércores,1 Decembro, 2010 by arduina


Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Sábado,27 Novembro, 2010 by arduina


Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Venres,26 Novembro, 2010 by arduina

Xa case rematei os meus exames, so me quedan dous por facer. Un deles é moi dificil :(
O martes foi a miña derradeira clase de bodhran por este ano. O profe di que o ano que ven vai dar mais clases, asi que seguirei. Seica é medio famoso porque esta no Celtic Connections como convidado!
Perdin o Celtic Connections do pasado ano por mór do traballo, pero o luns fun algo mais previsora e merquei entradas. Quero ir ver moitos artistas, pero non podo deixar pasar á Banda das Crechas tocando con Alasdair Fraser e Natalie Haas. Ainda non o creo! Hoxe recibin os boletos, o concerto é en xaneiro. Non coñezo Glasgow moito, pero o concerto non mo vai quitar ninguen!!!! Unha foliada con Alasdair Fraser, quen me ia contar que o ceo estaba en Escocia?

Canto mais tempo paso aqui mais leda estou. Por fin tras moito tempo estou camiñando paseniñamente pola musica tradicional. Sempre houbo prioridades na miña vida, e a musica é unha delas. O caracter escoces é acolledor e eu estou coma na casa. Pensaba en irme para o norte de Europa ou Londres, pero Escocia é coma esa Galicia na que eu sempre quixen vivir.

Seguen a ser tempos moi duros e meu pai recibiu un transplante hai uns dias. Creo que nunca tiven tantas sensacions á vez, e se non fose pola santa da miña nai que estivo ó telefono comigo cada pouco tempo, non sei se os meus nervios terian aturado a situacion. Moi moi dificil. Pero bueno, o meu paiciño esta recuperandose e hoxe ata puiden falar con el!

Hai uns dias recibin un correo dunha editorial, pedindo permiso para publicar un anaquiño do meu blogue nun dos seus libros de texto xunto con exercicios de comprension. Un grande honor para este blogue que naceu e morreu tantas veces :)

P anda en Noruega, penso que non moi ledo. Seguimos en contacto, e eu botoo moitisimo a faltar. Pero estou ben. E el tamen.

Agora vou preparar mais te! Que frio!

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

Agustin Fernandez Paz

Martes,16 Novembro, 2010 by arduina

Veño de ler isto.
Este home é un dos meus escritores preferidos. Ainda cos 27 anos que teño, desfruto de tódolos seus libros coma cando tiña 15. Un dia ata recibin un correo co primeiro capitulo do seu novo libro por aquel enton, foi un honor.
A ligazon fai que teña ainda mais ganas de coñecelo. Bravo por Agustin.

Escrito en Cousas inclasificables | Ningun valente »

« Entradas anteriores